Criterios básicos para priorizar as operacións

Os criterios básicos que deben utilizarse para priorizar as operacións son:

  • CP001 - Reforzo dos servizos públicos dixitais: Sanidade Dixital Integral en Galicia
    • Fomento da interoperabilidade.
    • Cobertura da actuación a nivel sanitario (alcance do maior número de centros sanitarios co despregamento da tecnoloxía).
    • Posible poboación beneficiaria da actuación para executar, con especial seguimento dos pacientes crónicos.
    • Innovación que supoña respecto da situación actual.
    • Incidencia no despregamento / ampliación / soporte dos proxectos desenvolvidos no marco de H2050 e Innova Saúde, entre os que se atopan:
      • Hospital en casa
      • Teleasistencia
      • Fogar dixital asistencial, monitoraxe variables clínicas
      • Paciente experto / Empoderamiento do paciente
      • Sistemas intelixente de alertas sanitarias
      • Sistemas de diagnóstico asistido por computador
      • Central de diagnóstico de imaxe médica
      • Sistemas de xestión intelixente das Urxencias
      • Trazabilidade integral de pacientes e recursos
      • Sistema Integral de Xestión de Pacientes
      • Historia clínica dixital orientada a procesos
      • Estratificación de pacientes
      • Dixitalización, custodia e preservación da información sanitaria
      • Seguridade dixital
      • Big data

 

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Este portal web está desarrollado con fondos FEDER
Galicia o bo cambio