Actuación: descrición e obxectivos

A actuación baséase nos seguintes puntos:

  • Desenvolvemento e adquisición dos sistemas de información que permitan dispoñer de funcionalidades complementarias para a implantación da sanidade dixital integral en Galicia. Entre as funcionalidades previstas están aquelas que permita optimizar a integración entre sistemas de información; adaptar os sistemas aos soportes e plataformas que se consideren máis eficientes ó utilizables; achegar os sistemas de información aos requisitos dos seus usuarios, complementar as funcionalidades dos sistemas e optimizar a adaptación aos requisitos de seguridade da información.
  • Dotación da plataforma (hardware e software) necesaria para o desenvolvemento da sanidade dixital integral en Galicia, sobre a cal poidan executarse todos os proxectos e iniciativas que permitan conseguir en Galicia unha sanidade totalmente dixital, integrada coa contorna sociosanitaria e o fogar do paciente. Trátase dunha plataforma aberta, interoperable e baseada en estándares.
  • Execución dos servizos de apoio necesarios para a implantación da sanidade dixital integral en Galicia, tanto para configurar a infraestrutura hardware e software sobre a que poidan executarse todos os proxectos, como aqueles servizos necesarios para a capacitación dos usuarios e apoio in situ en momentos críticos da posta en marcha dos proxectos.

Os seus obxectivos son:

  • Evolución dos sistemas de información que conformarán a sanidade dixital de Galicia no ano 2020.
  • Adquisición de sistemas de información que complementen os proxectos H2050 e InnovaSaude.
  • Aseguramiento da calidade e seguridade dos proxectos desenvolvidos e implantados neste marco de actuación.
  • Permitir un envellecemento máis activo e saudable, aumentando a capacidade de atención en modalidades como a hospitalización a domicilio ou a atención sociosanitaria, proporcionando maior accesibilidade aos servizos sanitarios.
  • Conseguir unha sanidade totalmente dixital, integrada coa contorna sociosanitaria e o fogar do paciente.
  • Implantación da tecnoloxía e sistemas de información innovadores que proporcionen á poboación o acceso a unha mellor xestión das patoloxías crónicas mediante TIC e posibiliten a reorganización dos recursos sanitarios para atender á poboación neste novo modelo de servizos.
  • Avanzar nunha mellor xestión da actividade das urxencias sanitarias e aumentar a trazabilidade dos pacientes e profesionais como ferramenta de mellora da calidade e a seguridade na asistencia.
  • Universalización das modalidades de teleasistencia.

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Este portal web está desarrollado con fondos FEDER
Galicia o bo cambio