Información xeral

Encaixe PO FEDER Galicia 2014 - 2020 e Actuacións CPSO (Criterios e Procedementos de Selección de Operacións)

O Programa Operativo componse, principalmente, de eixos prioritarios que conteñen unha estratexia coherente cos fins comunitarios e as necesidades detectadas, unha descrición do tipo de accións que levarán a cabo, unha xustificación da lóxica de intervención segundo os obxectivos específicos establecidos, unha selección adecuada dos indicadores de produtividade e de resultados, un plan de financiamento e unha relación das autoridades que intervirán na xestión e control do programa. O Regulamento (UE) Nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013 establece os detalles que deben conter os programas operativos 2014-2020. Antes da súa entrada en vigor, a Comisión Europea debe aprobalos. O Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 aprobouse en data 12/02/2015 por Decisión da Comisión e pode consultarse na sección "Información relacionada" desta páxina.