Procedementos de selección das operacións de actuación

Procedementos de selección das operacións de actuación

Selección directa de operacións executadas por organismos públicos.

As actuacións serán xestionadas pola Secretaría Xeral Técnica de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Admóns. Públicas e Xustiza, no exercicio das súas competencias. A xestión de contratación pública realizarase en calquera caso conforme aos principios establecidos nas leis estatais e autonómicas aplicables, seguindo os criterios de publicidade, a través da publicación en medios impresos e/ou portais web, das condicións, requisitos, incluíndo a documentación que se debe achegar en cada momento, trámites e prazos para licitar. Asegurarase a transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación no tratamento das solicitudes de acceso aos resultados da licitación (como poderían ser ferramentas de apoio, metodoloxías, servizos profesionais, etc). Todas as solicitudes recibidas quedarán rexistradas nos sistemas de información correspondentes e comunicaranse as decisións tomadas sobre a aceptación ou rexeitamento das solicitudes ou proxectos aos solicitantes.
Os centros directivos e organismos xestores responsables presentarán á Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos da Consellería de Facenda unha solicitude de financiamento para que devandito Organismo Intermedio aprobe as operacións sempre que se cumpran os requisitos establecidos nos presentes criterios.