Encaixe PO FEDER Galicia 2014 - 2020 e Actuacións CPSO (Criterios e Procedementos de Selección de Operacións)
O Programa Operativo componse, principalmente, de eixos
prioritarios que conteñen unha estratexia coherente cos fins
comunitarios e as necesidades detectadas, unha descrición do tipo de
accións que levarán a cabo, unha xustificación da lóxica de intervención
segundo os obxectivos específicos establecidos, unha selección adecuada
dos indicadores de produtividade e de resultados, un plan de
financiamento e unha relación das autoridades que intervirán na xestión e
control do programa. O Regulamento (UE) Nº 1303/2013 do Parlamento
Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013 establece os detalles
que deben conter os programas operativos 2014-2020. Antes da súa entrada
en vigor, a Comisión Europea debe aprobalos. O Programa Operativo FEDER
Galicia 2014-2020 aprobouse en data 12/02/2015 por Decisión da Comisión
e pode consultarse na sección "Información relacionada" desta páxina.