Procedementos de selección das operacións de actuación

Procedementos de selección das operacións de actuación

  • Selección directa de operacións executadas por organismos públicos.
  • As actuacións para executar desenvólvense polo Servizo Galego de Saúde no exercicio das competencias que lle son propias segundo o previsto na Lei 8/2008, do 10 de xullo, de sanidade de Galicia.
  • Os centros directivos e organismos xestores responsables presentarán á Dirección Xeneral de Proxectos e Fondos Europeos da Consellería de Facenda unha solicitude de financiamento para que devandito Organismo Intermedio aprobe as operacións sempre que se cumpran os requisitos establecidos nos presentes criterios.
  • A xestión de contratación pública realizarase en calquera caso conforme aos principios establecidos nas leis estatais e autonómicas aplicables, seguindo os criterios de publicidade, a través da publicación en medios impresos e/ou portais web, das condicións, requisitos, incluíndo a documentación que se debe achegar en cada momento, trámites e prazos para licitar. Asegurarase a transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación no tratamento das solicitudes de acceso aos resultados da licitación. Todas as solicitudes recibidas quedarán rexistradas nos sistemas de información correspondentes e comunicaranse as decisións tomadas sobre a aceptación ou rexeitamento das solicitudes ou proxectos aos solicitantes.
  • O Servizo Galego de Saúde seleccionará operacións realizando as validacións necesarias previas para comprobar a elixibilidade, así como as comprobacións necesarias da execución, validando a elexibilidade dos gastos financiados.
  • Os centros directivos e organismos xestores responsables presentarán á Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos da Consellería de Facenda unha solicitude de financiamento para que devandito Organismo Intermedio aprobe as operacións sempre que se cumpran os requisitos establecidos nos presentes criterios.